Entradas

Mostrando entradas de abril, 2022

Radio Fábrica de Poetas_ Formación usuarixs

Imagen
  RADIO FÁBRICA DE POETAS - Formación usuarixs O alumnado de música de 4º colabora coa biblioteca para activar a " Radio Fábrica de Poetas" , un proxecto xa iniciado o pasado curso, coa grabación dos primeiros podcast   . Este curso, a tarefa é de dinamización entre o profesorado e alumnado desta ferramenta, xa que moitos profesores que facían uso dela, marcharon do centro, ou por cuestións de horario ou nivel que imparten, non poden desfrutala. Este grupo de alumnos crea tutoriais e guías para ensinar a utilizar a estación e tódolos seus compoñentes de forma correcta, evitando avarías.     Eles serán os guias que mostrarán o vindeiro curso aos mais pequenos a forza da radio como medio de comunicación e incentivarán a creación de podcast dentro do desenvolvemento curricular. Ademais os primeiros podcast destes guións- tutorias, foron traballados en relación ao libro "Lareira de Soños" da autora veciña dos Vilares; Pas Veres , coa que concertarán unha entr...

O Trasno dos libros. Misterios no día do libro

Imagen
 O Trasno dos Libros na biblioteca. Na semana do 18 ao 22 de abril o alumnado de 1º da ESO participou, durante a materia de Lingua Galega nunha actividade coordinada pola nosa compañeira Alba María, membro do equipo da biblioteca, nun xogo de pistas para conmemorar o Día Do Libro. Este contaba a historia do trasno dos libros,  que inspirara e axudara ás persoas que acudían á biblioteca a crear composicións marabillosas e a interesarse por escoitar e ler toda clase de historias. Mais un virus literario asolagou o espazo, de xeito que todas as obras comezaron a desaparecer. Para salvalas, o trasno sacrificou a súa maxia e devolveulle á vida á biblioteca, mais o seu corpo desapareceu para sempre. Contan as persoas máis vellas do instituto que o trasno deixou a alma esparexida por distintos fragmentos de libros por toda a biblioteca . Só os máis afoutos alumnos e alumnas conseguirán descifrar todas as pistas que os levarán a elas e dese xeito revivir a alma daquel trasno ...

As pegadas de Forges. Creación de viñetas

Imagen
 Seguindo as pegadas de Forges Este ano no que celebramos o 80 aniversario do nacemento de A .F Forges, convidamos ao alumnado do Poeta Díaz Castro a dar a súa visión da vida como humoristas gráficos.  Alumnado de 3º ESO                                        O alumnado deseñou, durante o segundo trimestre viñetas en A 5, nas que plasmou anécdotas cotiás das súa vida adolescente, no instituto e na casa. Tivemos o apoio clave para esta actividade de Nuria Pena, profesora de Educ. Plástica, resultando unha participación maior.                                                 Os traballos foron expostos no recibidor da biblio na entrada; alí alumnado e familias votaron viñetas que sacaron un sorriso ou mesmo fixeron pensar en como eles se poden sentir.   ...