Radio Fábrica de Poetas_ Formación usuarixs

 

RADIO FÁBRICA DE POETAS - Formación usuarixs

O alumnado de música de 4º colabora coa biblioteca para activar a " Radio Fábrica de Poetas", un proxecto xa iniciado o pasado curso, coa grabación dos primeiros podcast  . Este curso, a tarefa é de dinamización entre o profesorado e alumnado desta ferramenta, xa que moitos profesores que facían uso dela, marcharon do centro, ou por cuestións de horario ou nivel que imparten, non poden desfrutala. Este grupo de alumnos crea tutoriais e guías para ensinar a utilizar a estación e tódolos seus compoñentes de forma correcta, evitando avarías.

 


 

Eles serán os guias que mostrarán o vindeiro curso aos mais pequenos a forza da radio como medio de comunicación e incentivarán a creación de podcast dentro do desenvolvemento curricular.


Ademais os primeiros podcast destes guións- tutorias, foron traballados en relación ao libro "Lareira de Soños" da autora veciña dos Vilares; Pas Veres, coa que concertarán unha entrevista en breve, para falar do seu libro.






Comentarios