Este ano no que celebramos o 80 aniversario do nacemento de A .F Forges, convidamos ao alumnado do Poeta Díaz Castro a dar a súa visión da vida como humoristas gráficos.
Alumnado de 3º ESO
O alumnado deseñou, durante o segundo trimestre viñetas en A 5, nas que plasmou anécdotas cotiás das súa vida adolescente, no instituto e na casa. Tivemos o apoio clave para esta actividade de Nuria Pena, profesora de Educ. Plástica, resultando unha participación maior.
Os traballos foron expostos no recibidor da biblio na entrada; alí alumnado e familias votaron viñetas que sacaron un sorriso ou mesmo fixeron pensar en como eles se poden sentir.
Aquí deixamos un vídeo resumo das entregas dos premios que foron levadas a cabo polo alumnado de 1º da ESO.
Comentarios
Publicar un comentario