Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2022

Unha semana para festexar coa biblio

Imagen
Despois do luns, veu o resto da semana, que tamén foi de moita  actividade para o alumnado colaborador coa biblioteca e o resto da rapazada do CL. Ben merecía un aprecio pola súa laboura! O martes 4, parte d@s estudantes de 3º e 4º ESO desprazouse ata a Casa Habanera, para asistir a unha charla de Yolanda Castaño . Muller, poesía e lingua foron os eixes da súa proposta. E deixounos chulísimo o exemplar da biblio de O puño e a letra ! O venres, para pechar esta semana, estivo con nós Alba María , con dúas propostas dirixidas ao alumnado máis novo. Tamén aproveitamos a súa visita para facer a entrega dun premio á escrita: dous rapaces e dúas rapazas fixeron unha recreación teatral da historia do xigante egoísta. Parabéns!!! Alba María e @s premiad@s: Miguel, Javi, Noelia e María Só estamos quentando motores, en breve, arriiiiiincamos!

8 de outubro. Eu son Elvira. E ti de quen ves sendo?

Imagen
  O proxecto " kPACES" Obxectivo;   potenciar o aprendizaxe de carácter significativo, en base a experiencias sociais, fóra do centro, incluíndo actividades de aprendizaxe integradas que permitan ao alumnado avanzar na súa formación social como indiviuos activos e conectar tamén coas familias, veciños e veciñas de diferentes xeracións. A nosa RUTA de traballo. a . E ti, de quen ves sendo? . Unidade didáctica para falar, coñecernos, expresar as necesidades que temos e mostrar o que un día fomos, ou o que queremos ser. Os encontros realizaranse na nosa biblio, na biblio "Casa Habanera" e no centro de día " Casa Capataz". b . " Iso si que era música" ; sección dedicada á escoita e aprendizaxe de temas  musicais asociados á vida dos protagonistas deste proxecto. Viviremos en primeira persoa,  como a música consegue facelos falar, sorrir, emocionarse,  lembrar e mesmo bailar. d . "Lecturas compartidas"/ " Esa carta esquecida"...

Lugo de letras

Imagen
O alumnado da sección de poesía do  Club de Lectura   realizou unha saída a Lugo, para facer un percorrido literario. Comezou cunha visita guiada ao Vello Cárcere , onde se fixo un recitado colectivo. Logo, de camiño ao hotel Méndez Núñez , detivémonos ante as esculturas de Ánxel Fole e de Alfonso Rodríguez Castelao. Unha vez cafetería deste establecemento, recreamos a tertulia literaria que tiña lugar alí. Tamén se fixo referencia á presenza de Lorca nas súas instalacións, nas viaxes que fixo á cidade. Continuamos rescatando a obra e a figura de autores e autoras que tiveron relación con Lugo, como Luís Pimentel, Luz Pozo Garza, Ricardo Carvalho Calero, Marica Campo ou Darío Xohán Cabana. E xa despois de xantar, encamiñámonos a Outeiro de Rei onde visitamos a Casa de Hortas , para lembrar ao poeta Manuel María. Por esta vez, isto foi todo... en breve, retomamos as xuntanzas!