Lugo de letras

O alumnado da sección de poesía do Club de Lectura  realizou unha saída a Lugo, para facer un percorrido literario. Comezou cunha visita guiada ao Vello Cárcere, onde se fixo un recitado colectivo. Logo, de camiño ao hotel Méndez Núñez, detivémonos ante as esculturas de Ánxel Fole e de Alfonso Rodríguez Castelao.

Unha vez cafetería deste establecemento, recreamos a tertulia literaria que tiña lugar alí. Tamén se fixo referencia á presenza de Lorca nas súas instalacións, nas viaxes que fixo á cidade.



Continuamos rescatando a obra e a figura de autores e autoras que tiveron relación con Lugo, como Luís Pimentel, Luz Pozo Garza, Ricardo Carvalho Calero, Marica Campo ou Darío Xohán Cabana.

E xa despois de xantar, encamiñámonos a Outeiro de Rei onde visitamos a Casa de Hortas, para lembrar ao poeta Manuel María.


Por esta vez, isto foi todo... en breve, retomamos as xuntanzas!

Comentarios