Unha semana para festexar coa biblio

Despois do luns, veu o resto da semana, que tamén foi de moita  actividade para o alumnado colaborador coa biblioteca e o resto da rapazada do CL. Ben merecía un aprecio pola súa laboura!

O martes 4, parte d@s estudantes de 3º e 4º ESO desprazouse ata a Casa Habanera, para asistir a unha charla de Yolanda Castaño. Muller, poesía e lingua foron os eixes da súa proposta. E deixounos chulísimo o exemplar da biblio de O puño e a letra!


O venres, para pechar esta semana, estivo con nós Alba María, con dúas propostas dirixidas ao alumnado máis novo. Tamén aproveitamos a súa visita para facer a entrega dun premio á escrita: dous rapaces e dúas rapazas fixeron unha recreación teatral da historia do xigante egoísta. Parabéns!!!



Alba María e @s premiad@s: Miguel, Javi, Noelia e María

Só estamos quentando motores, en breve, arriiiiiincamos!

Comentarios