8 de outubro. Eu son Elvira. E ti de quen ves sendo?

 O proxecto " kPACES"


Obxectivo;  potenciar o aprendizaxe de carácter significativo, en base a experiencias sociais, fóra do centro, incluíndo actividades de aprendizaxe integradas que permitan ao alumnado avanzar na súa formación social como indiviuos activos e conectar tamén coas familias, veciños e veciñas de diferentes xeracións.

A nosa RUTA de traballo.

a. E ti, de quen ves sendo? . Unidade didáctica para falar, coñecernos, expresar as necesidades que temos e mostrar o que un día fomos, ou o que queremos ser. Os encontros realizaranse na nosa biblio, na biblio "Casa Habanera" e no centro de día " Casa Capataz".

b. " Iso si que era música"; sección dedicada á escoita e aprendizaxe de temas  musicais asociados á vida dos protagonistas deste proxecto. Viviremos en primeira persoa,  como a música consegue facelos falar, sorrir, emocionarse,  lembrar e mesmo bailar.

d. "Lecturas compartidas"/ " Esa carta esquecida". Selección de texto de diferentes xéneros e adaptación inclusiva dos mesmos,  atendendo á diversidade dos materiais dos que dispoñemos. O modo en que nos comunicabamos e como nos comunicamos; as cartas que nunca escribimos, as que non esquecemos, as que nunca enviamos. (Taller de escritura compartida).

e. " Agora si que..." . Unidade didáctica vinculada a creación de traballos artísticos cooperativos entre os adolescentes e os maiores. ( Cancións, fragmentos teatrais, comedia, improvisacións instrumentais exercicios rítmicos e psicomotricidade...).

f. " O meu lado bo". Taller de creación audiovisual e recollida documental dos traballos que se van elaborando nas diferentes sesións. Descubrindo aos nosos "Youtubers" ou"Influencers Senior".

g. " Son KPAZ". Taller de grabación de podcast e emisión de radio; A RADIO FÁBRICA DE POETAS, dentro e fóra da biblioteca, para facer rexistro das voces da experiencia en tódolos seus ámbitos da vida. Conversas de agora e de antes.

h " A tempo de facelo". Actividade cooperativa e de empatía social,  para axudar a alcanzar soños non acadados noutras etapas da vida.

Un relato para comezar esta viaxe.

A lectura do libro " Eu son Elvira", abre un sendeiro novo neste curso escolar. Pero, non lemos sos, acompañanos futuros compañeiros desta viaxe de aprendizaxe cooperativo, os veciños e veciñas que acuden cada día ao centro de día " Casa Capataz".A través desta lectura de inicio de curso que fará o alumnado de Música e Proxecto Competencial, descubriremos como é o bo trato as personas maiores, aspectos que poremos en práctica no primeiro  encontro " E ti de quen ves sendo", no centro de día " Casa Capataz". Coñecémonos e compartimos.

Comezamos a planificación da nosa viaxe ao mundo exterior, enviando un video-mensaxe, aos compañeiros do centro de día " Casa Capataz".



E chegou o día, o 7 de outubro, saímos do centro un grupo piloto de cinco alumnos, para traballar e cos veciños e veciñas do centro de día " Casa Capataz"; nervios, ilusión e ganas de compartir. Saímos cun lote de libros de préstamo, aínda que neste primeiro encontro o primeiro será coñecernos. 



Comentarios