Radio Fábrica de Poetas, na rúa facendo biblioteca!
RADIO na Rúa na Semana do Día do Libro. A Radio Fábrica de Poetas , sae a rúa para facer o programa coa compañía da veciñanza. Acollidos no cafe " Avenida" pola dona Marisol, o alumnado de 1º ESO, do equipo KPACES da nosa biblioteca , fixo o seu programa especial da semana do día do libro , en directo, as 8.30 da mañá, rodeados dos veciños que sorprendidos desfrutaban dun café ben especial, acompañados pola poesía e a música que a rapazada lles ofreceu , nun directo que rematou moi docemente con sabor a chocolate. O programa de hoxe recollía a información da convocatoria xuvenil para participar no Certame das Vilariñas 2023 ; na que as bibliotecas escolares do IES Poeta Díaz Castro e do IES Basanta Silva de Vilalba convocan a modalidade xuvenil p or primeira vez, contando coa participación do CEIP de Lagostelle ( modalidade #asoutrasvilariñas. Apoiamos xuntos á convocatoria deste concurso de micro poemas iniciado no 2017 pola N ova Poesía Guitirica e a Asociación Cul...