RADIO na Rúa na Semana do Día do Libro.
A Radio Fábrica de Poetas, sae a rúa para facer o programa coa compañía da veciñanza.
Acollidos no cafe " Avenida" pola dona Marisol, o alumnado de 1º ESO, do equipo KPACES da nosa biblioteca, fixo o seu programa especial da semana do día do libro, en directo, as 8.30 da mañá, rodeados dos veciños que sorprendidos desfrutaban dun café ben especial, acompañados pola poesía e a música que a rapazada lles ofreceu, nun directo que rematou moi docemente con sabor a chocolate.
O programa de hoxe recollía a información da convocatoria xuvenil para participar no Certame das Vilariñas 2023; na que as bibliotecas escolares do IES Poeta Díaz Castro e do IES Basanta Silva de Vilalba convocan a modalidade xuvenil por primeira vez, contando coa participación do CEIP de Lagostelle ( modalidade #asoutrasvilariñas. Apoiamos xuntos á convocatoria deste concurso de micro poemas iniciado no 2017 pola Nova Poesía Guitirica e a Asociación Cultural “Os Vilares”.
No programa puxeron voz aos poemas de Helena Villar Janeiro, fraseoloxía galega, recollida “ Con Pés de La” de María Vieiro e mesmo “Bechopoemas” de Leire Bilbao, todo isto aderezado coas improvisacións e creacións inéditas do equipo de radio, que mesmo felicitou poética e musicalmente a nosa veciña Isolina de Berulfe.
Grazas a Marisol por acollernos no seu local e deixarnos compartir a nosa Radio Fábrica de Poetas neste directo inesquecible con todos vós!.
Comentarios
Publicar un comentario