A tradición oral. Contos e cantigas.
A tradición oral. Conversas e cantos do equipo KPACES. O equipo KPACES da Biblio Poeta Díaz Castro, saíu hoxe ao encontro cos seus compañeires maiores na procura de contos e cantos, na Biblio "Casa Habanera". Nós levávamos o traballo feito, xa que na clase de música estivemos traballando este mes de novembro, na creación de cantigas. Cantos de arado, cantos de berce, foliadas, pandeiradas e romances feitos por nós mesmos inspirándonos nos cancioneiros de mulleres como Dorothé Shubart entre outras. Aprendendo con Rufi uns toques de pandeireta. Cargados de pandeiretas, pandeiros e letras, entre as que destacou hoxe a composición da alumna de 3º ESO Lucía Vilasuso, que compuxo a cantiga titulada "Burela" . A nosa veciña Rufi, acompañounos coa súas cunchas e a pandeireta e integrouse no grupo co resto de compañeiras e compañeiros do Grupo de Memoria, da Biblioteca Casa Habanera. O alumnado aproveitou ben os coñecemento...