Aínda non saímos dunha para meternos noutra: sempre a mesma historia. Libramos do malfadado Samaín para entrar no infernal calendario avaliador. Así non hai quen dea metido dente nas lecturas. Aínda ben que non perdemos a ninguén no túnel do terror...
A sección de persoas adultas tamén iniciou o curso. Desta vez foi con La comunidad (Helene Flood) e O perfume, de Patrick Süskind. Emigrantes, de Shaun Tan, segue coa súa xira. Vai camiño de ser tan popular no noso club coma Instrucións para tomar café, o convite lector para quen ven por primeira vez.
Cara a finais de novembro, comentario e presentación do seguinte bloque de lecturas, nun dous por un!
Comentarios
Publicar un comentario