A tradición oral. Contos e cantigas.

  A tradición oral. Conversas e cantos do equipo KPACES.

O equipo KPACES da Biblio Poeta Díaz Castro, saíu hoxe ao encontro cos seus compañeires maiores na procura de contos e cantos, na Biblio "Casa Habanera".


 Nós levávamos o traballo feito, xa que na clase de música estivemos traballando este mes de novembro, na creación de cantigas. Cantos de arado, cantos de berce, foliadas, pandeiradas e romances feitos por nós mesmos inspirándonos nos cancioneiros de mulleres como Dorothé Shubart entre outras. 


Aprendendo con Rufi uns toques de pandeireta.


Cargados de pandeiretas, pandeiros e letras, entre as que destacou hoxe a composición da alumna de 3º ESO Lucía Vilasuso, que compuxo a cantiga titulada "Burela" . A nosa veciña Rufi, acompañounos coa súas cunchas e a pandeireta e integrouse no grupo co resto de compañeiras e compañeiros do Grupo de Memoria, da Biblioteca Casa Habanera.


O alumnado aproveitou ben os coñecementos dos veciños, e mesmo aprenderon con Rufi, algúns ritmos sinxelos coa pandeireta.


A alumna Lucía Vilasuso falando con Rufi explicando a súa composición "Burela".


Un xornada chea de cantigas, grazas ao esforzo por facer memoria de moitos dos asistentes ao encontro e o bó facer interpretando algúns dos temas que coñecían.

O agasallo de "Brica o río" con fotografías e música feita no instituto.

Dez anos despois, lembramos tamén os temas musicados de Nimbos de Música, e agasallamos á veciñanza co libro de poemas, música e fotografía " Brinca o río" publicado no 2014.



Comentarios