Constelación Lectora. O traballo que non se ve.

 

CONSTELACIÓN LECTORA

TRABALLANDO para os  PUNTOS DE LECTURA.

Montando expositores e seleccionando lecturas.

O equipo KPACES na Biblio do Poeta Díaz Castro, traballa para montar, organizar e levar os puntos de lectura que se activaran no pobo e comarcas dos arredores. Paqui no seu invernadoiro, Ana de Amador, na súa Ferretería e Fernando no Café " O Recreo"de Parga, recibirán estes postos de lectura. 

Puntos de luz activos xestionados desde a Biblioteca Poeta Díaz Castro, para compartir recursos de forma aberta coa comunidade. Empréstitos, solicitudes e experiencias veciñais lectoras.

Editanto e plastificando cartelería para os postos.

 Nas fotos podedes ver a este equipo, que traballa na sesión de 50 minuto semanais, na materia de Prox. Competencial e ás veces tamén desde Valores,  para preparar todo.
Xa nos falta pouquiño...
Facendo Biblioteca desde o IES Poeta Díaz Castro!


Comentarios