Entradas

PARA QUE LES?

Imagen
Por que leo? Son moitas as razóns para ler, pero por brevidade, sintetizareinas en dúas ambas igual de importantes: 1.- Leo por obriga, para formarme, para informarme, para enterarme do que pasa na realidade, para coñecer outros puntos de vista. Ler axuda a desarrollar unha visión máis crítica das cousas, axuda a PENSAR...... 2.-Leo para disfrutar, a lectura permíteme desconectar da realidade e sumerxirme noutros mundos, coñecer e vivir outras vidas, viaxar a través do tempo, navegar o fondo do mar,...desde a comodidade do sofá. É FERMOSO LER, CADA LIBRO É UN UNIVERSO. Un libro para ler: ¿ QUIéN SE HA LLEVADO MI QUESO? De Spencer Johnson Trátase dun libro cortiño, que collín un día por casualidade nunha biblioteca para ver de que ía e leino alí mesmo dun tirón. Este relato, de título aparentemente infantil, fainos reflexionar sobre a necesidade de estar atento e adaptarnos os cambios na vida. Spencer Johnson (doctor en Medicina e licenciado en Psicoloxía), a través desta...

PARA QUE LES?

Imagen
Leo porque é unha forma de me manter informado do que ocorre no meu mundo, e tamén do que pensan os demais. E leo porque ler transpórtame a un mundo alternativo a cabalo da miña imaxinación, guiándome a través de aventuras que dan sentido e ilusión á miña vida. Recoméndovos que leades unha novela moi áxil e entretida: “Angeles y demonios”, de Dan Brown (non vexade -la peli sen ter lido antes o libro) Enko Sertucha, profesor de educación física

PASA QUE LES?

Imagen
Eu ante todo leo por pracer. É unha forma de evadirme da realidade cotidiá, do que non me gusta...Ademáis permíteche a posibilidade de vivir novas experiencias, de descubrir novos mundos, de vivir noutras épocas (pasadas ou futuras), de descubrir outras culturas, de coñecer xente distinta (heroes, antiheroes). É unha forma de coñecernos a nos mesmos a través dos demáis. En definitiva, a lectura é coma unha viaxe a onde ti queiras. Déixate levar! Tódolos libros son recomendables porque de todos se aprende; por destacar algún "El Camino" de Miguel Delibes e calquera das traxedias de Shakespeare. Mª Carmen Fraga, profesora de inglés

PARA QUE LES?

Imagen
Leo para que me sorprendan cousas descoñecidas e para non olvidarme das coñecidas". Libro recomendado:"CONVIVIR" de Luis Rojas Marcos. Ana María López , profesora de bioloxía

PARA QUE LES?

Imagen
¿ Que para que leo? para evadirme, para desconectar, pero tamén para aprender. Incluso me permite viaxar a lugares onde nunca estiven ou ver cousas que en realidade nunca vin . Recomendo o Informe Lugano de Susan George . María Xosé Fernández , profesora de xeografía e historia

PARA QUE LES?

Imagen
L eo por necesidade , por curiosidade, para informarme ... Libro recomendado :  A CELESTINA   Mari Carmen Marrondo , profesora de matemáticas

PARA QUE LES?

Imagen
Leo porque os libros son o meu produto psicodélico. Xa saben, os ‘hippies’ chamábanlle psicodélico ao que eles consideraban que lles aumentaba o campo da conciencia (Psicodelia, etimoloxicamente, é “o que manifesta a alma). Eles, para iso, empregaban as drogas. A min abóndame coa lectura. Desde ela entendo mellor o mundo e enténdome mellor a min. Unha vida, por intensa e interesante que sexa, é só unha. Cando nos embarcamos nun novo libro embarcámonos tamén nunha nova vida. Temos, ademais da propia, tantas vidas como libros lemos. Marica Campo, escritora Leo porque o necesito para o   meu traball