Concerto de A lus do mundo
 Concerto de A lus do mundo     O pasado 20 de outubro os alumnos mais veteranos da aula de música ; “A Lus do Mundo”,   interpretaban varias pezas no centro cultural “Casa Habanera” en Guitiriz apertura  dos actos de inauguración da programación cultural da UNED para o curso 2015/16.    Os alumnos de música de 1º de Bacharelato,  traballaron duro neste primeiro mes de curso, para presentar o seu programa para estes actos, no que mesturamos a poesía de X.M Díaz Castro coa música da súa profesora Sandra Tenreiro e o máis relevante o tema “HEI GUIARTE” un tema composto pola alumna de música Sabela Salgueiro que foi arranxado  instrumentalmente e interpretado xunto cos seus compañeiros de aula.         Pronto saberemos máis destes rapaces que intentarán levar fora do centro o seu proxecto de aula “MUSIKÉ” no que traballaron o pasado curso e do que foi froito a posta en escena da obra “ A noite é necesaria” dirixida por  Sandra Tenreiro ,  unha nova maneira de achegar a poesía a xente nova...