O pasado mércores, 21 de outubro, estivo no centro o artesán
Vicente Ledo, representante da asociación de Obradoiros artesáns da
Terra Cha. Trátase dun colectivo implicado na pervivencia do noso patrimonio
cultural e artístico, que pretende, através de visitas aos centros educativos,
fomentar o interese dos rapaces no traballo e na producción dunh artesanía
propria e sostible para a comarca chairega
Ao longo da mañá todos os grupos do instituto
poideron asistir a unha demostración do seu traballo co torno de madeira. Vicente ademáis explicou moitas cousas sobre o
traballo da madeira e respostou a todas as dúvidas dos rapaces
Comentarios
Publicar un comentario