Entradas

XADREZ NA BIBLIOTECA

Imagen
Organizado polo departamento de educación física e coa colaboración da biblioteca principiou o torneo de xadrez. O alumnado de terceiro, cuarto de ESO e bacharelato xogará os recreos dos xoves e o de primeiro e segundo da ESO os venres. A competición terá lugar na biblioteca. Dúas coordinadoras (alumnas de segundo de ESO) encargaranse de velar polo bo funcionamento do torneo (avisar ao xogadores, ter as fichas e taboleiros , apuntar os resultados nos paneis a entrada da biblio...). Tamén haberá dous árbitros para controlar as partidas. Ao tempo desenvolverase unha pequena escola de xadrez para aqueles que aínda non saiban xogar. A biblioteca pon a súa disposición fichas, taboleiros o espazo axeitado e unha persoa, Victor Pollán, profesor de matemáticas e membro do equipo de biblioteca para guialos na súa iniciación.

Biblioteca e matemática

Imagen
O pasado día 7 de novembro profesora Elena Vázquez Cendón, do departamento de matemática aplicada da Facultade de Matemáticas da USC, impartíu dentro do programa "A Ponte", a conferencia titulada "As matemáticas da auga", dirixida a todo o alumnado de bacharelato. A profesora Vázquez Cendón? incidíu na aplicación práctica que as matemáticas teñen en proxectos da vida cotiá desde os referidos á mellora do sector marisqueiro nas nosas rías, os que estudan os movementos de grandes masas de auga e como inflúen na dispersión das augas residuais, estudo das posibles zonas catastróficas por inundación, solución de problemas de atascos de tráfico, etc.    Por outra banda no vestidor do IES esta exposta "O Pricipiño e as matemáticas" exposición realizada por alumnos do IES Ramón Otero Pedrayo da Coruña, dirixidos polo profesor Santiago López Arca, que consta de 10 carteis onde se utiliza a lectura da obra de Antoine de Saint-Exupéry, como base para profu...

lecturas para o outono

Imagen
  Despois da axitación do verán, é un bo momento para lecturas pausadas, recollidas, intimas, e se van acompañadas de boa música mellor. Aquí tes algunhas propostas, libros que non perden as follas

PROPOSTAS DAS LECTORAS

Imagen
TÍTULO : O inferno de Marta; A mascarada do amor AUTORES : Pascal Alapont e Vicente Garrifo EDITORIAL : Xerais 2008 Este libro trata dunha nena que sin darse conta empezou a sair cun rapaz que parecia moi bon, pero tiña un lado escuro. Ela non se daba conta porque querialle moito, pero as sua samigas Carme e Xulia si, intentaron dicirllo a Marta pero ela non respondia, ela cria que o rapaz tivera unha mala infancia (cando non fou asi) pero...edes que lelo pa sabelo... Este libro completase coa mascara do amor que non e mais que unha axuda para autocontrolarse, poñendo como exemplos partes do libro. Marta Miraz

TALLER DE POESÍA

Imagen
Obradoiro de poesía con Chus Otero entorno a poesía de Díaz Castro para alumnado de 1º e 2º ESO. Realizáronse diversas actividades e xogos para achegarse dun xeito máis lúdico e divertido á poesía de Díaz Castro Tedes a vosa disposición unha proposta de actividade de 50 minutos, con xogos sobre a poesía de Diaz Castro, realizados pola profesora María Miragaya, a partir do obradoiro.

A lus do Mundo no Vilariño.

Imagen
ACABAMOS CON POESÍA E MÚSICA E COMEZAMOS CON MUSICA E POESÍA Ninguén nos vai parar!!, no IES Poeta Díaz Castro, a cultura e a expresión...non son covardes. Así comezábamos a nosa intervención, nos actos culturais celebrados o pasado 14 de outubro (2014), na palleira da casa natal do noso poeta, onde presentaron as súas obras, algúns dos escritores e escultores da actualidade cultural galega homenaxeando a Díaz Castro:Tosar, Ramón Villar, Xabier R. Barrio... Os rapaces de música do centro , contentos de ser convidados como músicos para amenizar este acto organizado pola Deputación de Lugo e no que aseguro traballamos coma verdadeiros profesionais. Sen esperalo, emocionounos que nos presentaran como o grupo de música:“ A lus do mundo”. Antes de cantar os poemas “Vísperas”, “Penélope” e “A noite é necesaria” , musicados pola nosa profesora Sandra Tenreiro, Margarita e Paula leron os seguintes versos: “ Podemos caer, desfacernos, ...equivocarnos, mais sabemos coller ...

A FUSIÓN DA POESÍA, A FOTOGRAFÍA E A MÚSICA

Imagen
As fotografías feitas polo alumnado de 4º da ESO no obradoiro de “Fotografía en Curso” dentro do PLAN PROXECTA, dirixidos polo prestixioso Vari Caramés e coordinados pola nosa profesora Nuria Pena , deixáronse fundir coa poesía de X.M Díaz Castro e a música composta e interpretada por Sandra Tenreiro , sobre o poema “Coma unha espada”...sen mais...”A Beleza fireume para sempre”. Seguimos traballando nas aulas con novos poemas, fotografías e música, esta vez interpretada polos propios alumnos de música. En nada teredes novidades coas que deleitar os sentidos.