Cub de lectura


KAFKA E A BONECA VIAXEIRA de Jordi Sierra i Fabra.


“salvar unha nena non era como salvar o mundo?”...Jordi Fabra pon estas palabras en boca de Kafka, o magnífico escritor nado en Praga, quen, co seu bo oficio de escribir, logrará devolverlle a ilusión a unha rapaciña desconsolada e tristeira por perder a mellor boneca do mundo.Trátase dunha estratexia de enxeño máxico e literario a un tempo na que se mostra a faceta máis humana do escritor xudeu. O valor absoluto da amistade preside todo o relato, que está pensado para os lectores máis novos.

Comentarios

  1. As bonecas non deben de viaxar porque as nenas quedan tristes,e non sempre teñen axuda.

    Emma

    ResponderEliminar
  2. kafka era un escritor e axudáballe á nena a encontrar a boneca e a escribialle cartas desde Paris

    Noelia

    ResponderEliminar
  3. pobre nena quedarse sen boneca menos mal que esta kafka para animala aunque ao final do libro volva a poñerse triste porque a sua moneca casase e xa non lle escribe mais cartas

    sandra 1º eso a

    ResponderEliminar

Publicar un comentario