Para que les?

Alfredo Torres Bouza


Para ser máis libre e tolerante, poder valorar o noso, intentar comprender o mundo actual e coñecer outras xentes e culturas.

Proposta de lectura
As poesía de Álvaro Cunqueiro, en especial o seu libro“Herba aquí e acolá” (Ed.Galaxia, está na Biblioteca)no que o autor canta paisaxes perdidas, alude a miúdo a personaxes literarios ou históricos e recrea mitos clásicos e do mundo céltico ou artúrico, cun ton melancólico e cheo de lirismo.

Cambiando de xénero, e situándonos na actualidade, propoño a novela “A choiva do mundo”, de Xosé Manuel Pacho Blanco (Editorial Galaxia), Premio Torrente Ballester de narrativa. É unha obra diferente, pretende reflectir o que é o mundo no que vivimos. O autor fai unha mestura de diario, guión cinematográfico, texto xornalistico, etc… cunha linguaxe viva e coloquial. É unha das obra máis vangardistas da literatura galega actual.

Comentarios

  1. Eu leo porque cada vez que o fago desconecto de todo e estou noutro mundo completamente diferente ó meu, e eso gústame e relájame moito, sobre todo cando o que leo é un libro que me guste, porque tamén se leo algo que non me gusta pero é obligatorio agobiome e dame moita pereza ler, ai de todo.

    ResponderEliminar
  2. DAVID MORANDEIRA PEREZ 2º ESO B3 de mayo de 2010, 17:51

    PARECEME VEN A POESIA,PERO VENSELLE MOITOS DEBUXOS AO LIBRO

    ResponderEliminar
  3. Alberto bujan morandeira 2ºESOA3 de mayo de 2010, 17:54

    Eu lin ese libro gustoume moito e é un libro dos que mais me gustou dos libros de poesia que lin e ademais POSAS MOI BEN PARA AS FOTOS.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario