Para que les?


Leo fundamentalmente para relaxarme e distraerme. Entrar en mundos diferentes do que vivo e formar parte deles é, ás veces, necesario para evadirme dos problemas cotiáns (polo menos un rato).



A miña proposta de lectura é " O principiño" de Antoine de Saint-Exupéry. Lino por primeira vez no colexio e en francés (era de lectura obrigada na clase de idioma). Anos despois lino en castelán e fai uns dous anos en galego. Nunca me cansa. Fala das relacións persoais, do amor, do sufrimento, da amizade... Para min é unha verdadeira xoia

Ana, profesora de Física e Química

Comentarios