Leo para facer máis jaleo na miña cabeciña...así asómanse ideas, ritmos, cores e tonos, frases literarias que se converten en frases musicais, suxeitos, células, motivos e leitmotivs...Leo, si...poemas debuxados con acordes, as palabras como sons de sentimentos fundidos, rexorden como novas expresións en cada lector atemporalmente. Leo, si... inspiración e loucura, o esquecemento e a lembranza. Leo por fora e leo por dentro.
Leo, si...gústame a realidade forte, crúa, extensa. Leo, si.... gústame soñar e facer soñar, viaxar, saír e entrar, pasar de puntillas e chapotear en cada narración, historia, argumento.
Leo si ...,pero aquí e agora, hoxe e mañá, leo porque a mirada máis bonita do mundo e a dun neno cando lle les con agarimo... ese conto sinxelo
Lectura recomendada:
“Caracois” de Armando Quintero e André Letria. Para descubrir e recitar bonitas e divertidas frases e expresións en galego cos ananos da casa.
Sandra, profesora de música
Hellow Sandra!!!o que dis sobre a lectura,amín tamen me pasa por que amín aborreceme moito poñerme a leer pero unha vez que me empezo a meter na historia sobre a que vai é como si fora eu o protagonista.Eu son moi neneiro tamén me gusta velos "inotizados" con cousas que lles chaman a atención como un simple libro de debuxos que pa eles son todo fantasias.
ResponderEliminarSandra la profesora de música yo cuando tenía
ResponderEliminardos años lei ese libro y me gusto mucho , cuando empiezo a ler me meto en la historia y no doy parado .