Triloxía de Tinta
Corazón de Tinta
Sangre de Tinta
Muerte de tinta
Cornelia Funke
Ed. Siruela



Meggie é unha moza de 12 anos, filla de Mo, un restaurador ou máis ben un médico de libros que ten ademais o poder de dar vida ós protagonistas cando le en voz alta. A chegada dun peculiar individuo, Dedo Polvoriento, obrigara a Meggie e ó seu pai a fuxir e refuxiarse en casa da súa tía Elinor, propietaria dunha magnífica biblioteca Dos libros chegarán o malvado Capricornio, Dedo Polvoriento, Lengua de Brujo e os demais persoaxes que habitan esta fantástica novela e que arrastraran a Meggie a fantásticas e perigosas aventuras. Non che deixes asustar polo volume da obra. Máis tempo para gozar. Cornelia Funke é unha das autoras máis recoñecidas de literatura xuvenil e infantil con multitude de seguidores de todas a idades. O primeiro dos libros da triloxía foi levado ó cine no 2008

Comentarios