AS PELIS DE BIBLIO

A lenda de Robin dos bosques ten sido levada á cine en multitude de ocasións con máis ou menos acerto. Xa podes gozar na túa biblioteca da última, realizada por Ridley Scott e interpretada por Russell Crowe. Esperemos que esta vez o fixeran con mais rigor que a súa anterior colaboración en Gladiator.







De todos xeitos aquí tes algunha outras visitas de Robin ó celuloide.



Robin y Marian de Richard Lester. 1976
Orixinal adaptación da lenda con un Sean Connery interpretando a un Robin xa maduro, que anos despois das súas aventura ten que tomar de novo o camiño  do bosque para reencontrase con vellos problemas e sobre todo cun vello amor: Marian. Fermosa e conmovedora.





Robin Hood de Wolfgang Reitherman, 1973
Non menos orixinal foi a adaptación feita por Walt Disney Pictur. Unha gozada para os máis pequenos




Robin de los bosques da Michael Curtiz. 1938
E por suposto non podería faltar o magnífico, orixinal e inimitable Robin interpretado por Errol Flynn e acompañando de Olivia de Havilland. Imprescindible


Comentarios