CLUB DE LECTURA

O señor ibrahim e as flores do Corán de Eric Emmanuel Schmitt

Anos 60...nun barrio obreiro e pobre de París.
Un  musulmán vello, o señor Ibrahim, dono dunha tenda de comestibles, é un home só e triste, sempre calado, absorto nas súas lecturas e pensamentos, pero moi observador...
Un  xudeu de 13 anos, Momo, é un rapaz só e triste, sempre calado, absorto nas súas carencias afectivas e preocupacións, pero moi inocente...
Dúas realidades distintas, aparentemente irreconciliables: unha vida que empeza, a de Momo, e unha vida que acaba, a de Ibrahim; dúas relixións, a islámica e a hebrea; estatus diferentes, un home acomodado e un neno abandonado á súa sorte.... acaban confluíndo nun único destino, non tanto pola proximidade física dos dous protagonistas, como pola súa actitude perante a vida.
Na novela escoitamos o latexar dos corazóns por riba de calquera outro valor...será precisamente a forza deste latexo a táboa de salvación destes dous personaxes verdadeiramente entrañables
Club de Lectura

Recoméndovos ler este libro porque é moi interesante no que encontraras entre outras cousas distintas culturas e distintas formas de vida.
Trata dun neno chamado Moisés que vive con seu pai que é un amargado que non ten muller porque esta os abandonou cando Moisés era pequeno. O rapaz faise amigo dun tendeiro musulmán ao que lle conta a súa vida. Pasado un tempo ao rapaz abandónao o seu pai. Pero Moisés decidido a crer que no no abandonaran 2 veces decide seguir  coa súa vida como se non pasara nada.
Ata que un día lle dan a noticia de que...
Que lle pasará a Moisés? Ahhh! Se o queredes saber lede este libro que seguro que vos gusta.

Tania Forja Pena 1º ESO

Esta preciosa historia conta a amizade entre Moisés , un neno xudeu que vive en París con seu pai despois de que sua nai se fora da casa e I brahim un señor árabe que traballa nunha tenda de ultramarinos. Por razóns inexplicables , o pai de Moisés tirouse as vías do tren e morreu e o señor Ibrahim adoptou ao neno que daquela tiña 11 anos. Viaxaron ata o lugar natal do señor Ibrahim donde morreu deixando todas as súas pertenzas a Moisés, inclusive o seu Corán que tiña dentro duas flores.

José Pardo Cazón e Cintia Iglesias García   1º ESO

Comentarios

  1. Ola! Somos o Club de lectura "Mentes frías" do I.E.S Becerreá. Xa acabamos o libro O señor ibrahim e as flores do Corán, gustaríanos intercambiar opinións con todos vos. Outro club de lectura do noso centro, interesouse polo libro, preguntámonos se no lo podedes prestar algún tempo máis.

    Saúdos.

    ResponderEliminar
  2. Os participantes do club de lectura Mentes Frías, do I.E.S. de Becerreá, vamos a expoñer e expresar a nosa opinión acerca da última lectura do club: O señor Ibrahim e as flores do Corán.
    Temos a sensación de que o autor - Éric-Emmanuel Schmitt - tenta criticar o racismo, moi presente na sociedade actual, e os prexuízos que adoita manifestar unha boa parte da poboación mundial.
    Esta novela sitúase no París dos anos 60, donde se produce o encontro de dúas c#blgtk08#ulturas representadas por Momo, un raparigo xudío de 14 anos, e polo señor Ibrahim, un tendeiro musulmán.
    Rematada esta lectura, tivemos a posibilidade de ver o filme realizado a partir do libro, o cal nos gostou moito, tanto pola forma de expresar as ideas como polo punto humorístico.
    Recomendámosvos a lectura do libro e que vexades o filme, pois estamos seguros de que non vos arrepentiredes.
    Unha aperta,
    Pablo Montanha e Xabier Digón

    ResponderEliminar
  3. Convidámosvos a que visitedes o noso blogue -http://www.blogoteca.com/becerreablog/- no cal atoparedes libros, recomendacións para a vosa lectura e as opinións dos clubes de lectura do noso centro.

    Unha aperta dende Becerreá.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario