MATEMÁTICAS E LITERARURA


Este xoves 18 de abril estivo con nós o profesor do IES Monelos da Coruña, Gonzalo Temperán, impartindo unha sesión titulada “Matemáticas e literatura”, dirixida ao alumnado de 1º e 2º da ESO. Descubriulles novos libros relacionados coas matemáticas, moitos dos cales xa están na nosa biblioteca e na exposición que, con motivo desta visita, colocamos no vestíbulo.

Incidiu no auxe que están a ter os contidos matemáticos nos “best sellers”, e citou entre outros, “O código da Vinci”, “Ángeles y demonios” de Dan Brow, “Todo bajo el cielo” da escritora Matilde Asensi e, non podían faltar, “El asesinato del profesor de matemáticas”, “Alicia no país das marabillas” e “A través do espello” de Lewis Carrol.
Ao tempo que falaba dos libros propuxo actividades. Coas viaxes de Gulliver tocou investigar as proporcións en superficies e nos volumes; con “Todo bajo el cielo” traballáaronse as permutacións;, con “Drácula” e a saga do crepúsculo investigouse as potencias de dous.
Ao remate houbo un tempo para preguntas

Comentarios

Entradas populares de este blog

PARA QUE LES?

PARA QUE LES?

Memorias de Tristán Saldaña