DIA INTERNACIONAL PARA A TOLERANCIA

TOLERANCIA. Parece unha palabra con pouca aceptación. Dende logo non queremos que digan de nos que somos intolerantes, pero si din que somos moi tolerantes parece que… non sei, que somos débiles, brandos, que se pode facer de nos un pandeiro? Que entendemos por tolerancia?
Se cadra estes fragmentos da Declaración de Principios sobre la Tolerancia da Unesco do 16 de novembro  de 1995 axúdanos a saís de dudas

"A tolerancia é o respecto, a aceptación e o aprecio da riqueza infinita das culturas do noso mundo, das nosas formas de expresión e medios, de ser humanos. Foméntarna o coñecemento, a apertura de ideas, a comunicación e a liberdade de conciencia. A tolerancia é a harmonía na diferenza. Non só é un deber moral, senón unha obriga política. A tolerancia é a virtude que fai posible a paz e que contribúe á substitución da cultura de guerra pola cultura de paz.

         A tolerancia non é concesión, condescendencia nin indulxencia. Ante todo, a tolerancia é o recoñecemento dos dereitos humanos universais e das liberdades fundamentais dos demais. En ningún caso pode utilizarse para xustificar o quebrantamento destes valores fundamentais.

         Practicar a tolerancia non significa renunciar ás conviccións persoais nin as temperar. (…) Significa aceptar o feito de que os seres humanos, naturalmente caracterizados pola diversidade do seu aspecto, a súa situación, a súa forma de expresarse, o seu comportamento e os seus valores, teñen dereito a vivir en paz e a ser como son."

Nos, coma sempre, recomendamos ler, ver cine, escoitar música para curarnos de intolerancia. Unha selección de libros e pelis que dalgún xeito tratan da tolerancia e sobre todo da intolerancia e as súas nefastas consecuencias. De entrada algo de RAP.



Para saber máis pincha aquí

Comentarios