Na final enfrontáronse Óscar Felpeto
López-Beres de 2º E.S.O. e Juan Buján Aparici de 1ºE.S.O., resultando gañador o
segundo.
O Departamento de Educación Física quere
agradecer aos alumnos/ás do instituto a súa implicación nos devanditos torneos
e tamén á Biblioteca escolar por acollernos na súa instalación e prestarnos o
material para poder xogar, así como aos profesores de matemáticas do centro
Víctor Pollán e Consolo por colaborar puntuándolles aos vencedores dos torneos
un punto extra na súa media final da materia, así como por brindarse nos
recreos dos xoves e os venres a resolver dúbidas na biblioteca sobre o xadrez e
ensinar aos alumnos/ás a xogar seguindo o regulamento do xogo, sempre con xogo
limpo.
Comentarios
Publicar un comentario