FALAN AS ALUMNAS



O venres 1 de abril, o IES Poeta Díaz Castro estaba convidado na IV Xornada sobre  Contratos-Programa no Pazo de Congresos de Santiago para explicar as catro actuacións que levamos realizadas na modalidade de excelencia, dende o  2012 ata o 2016: as produccións de audiovisual A LUS DO MUNDO e OS CAMIÑOS ESQUENCIDOS, así como os nosos  Roteiros A ALDEA DO NENO PEPE, polo Vilariño dos Vilares,  e A FÁBRICA DE POETAS, pola vila de Guitiriz.
Asistimos, como ven sendo habitual, cun grupo de alumnado que foi o encargado de explicar as nosas actuacións e as súas impresións do resultado acadado. Sempre co obxectivo de que os nosos mozos e mozas sexan os protagonistas do seu proceso de aprendizaxe.
Unha representación de 2º ESO presentaron as películas e as actividades desenvolvidas polos guías nos roteiros, en plena fase de recepción de visitas de alumnado de centros educativos e institucións como a Universidade Senior de Guitiriz ou o Mestrado de Secundaria da UDC.

Recollemos no video que acompaña a reflexión que realizan as alumnas de 2º Bacharelato Tania Forja e Cintia Iglesias da aprendizaxe adquirida con estas experiencias.

Parabéns Cintia e Tania!!! 

Comentarios