O día 3 de maio realizouse unha
carreira solidaria para as comunidades educativas do CEIP Plurilingüe Santo
Estevo de Parga , CEIP Lagostelle e IES Poeta Díaz Castro ambos centros
educativos de Guitiriz, organizada polos departamentos de Educación Física e Orientación
Educativa dos distintos centros, ademáis de contar coa colaboración de
profesorado, encargado de actividades extraescolares e complementarias e das
bibliotecas escolares dos tres centros que aportaron un lote de libros para
sortear entre os participantes
Os cartos recaudados foron destinados
ao “Plan de emerxencia social”, consistente en axudar a familias de recursos
limitados do Concello de Guitiriz, no aluguer de vivenda, calefacción,
alimentos frescos, …

Para ver máis fotos pincha aquí
Comentarios
Publicar un comentario