PINGAS DE AUGA.

Unha curtametraxe que nace na aula de música.

"Pingas de Auga" é o título da curtametraxe  creada na aula de música de 2º da ESO, dirixida pola súa profesora Sandra Tenreiro. Un proxecto didáctico audiovisual para facer fronte ao acoso escolar. O alumnado de música púxose na pel dun alumno que estivese nesta situación e expuxo as súas ideas, ademais inspiráronse para crear na percusión un tema musical que reflectise o sentimento de medo e inseguridade dun rapaz nesta situación...e conseguírono. O tema musical principal da curtametraxe chamado tamén "PINGAS DE AUGA" composto por Sandra Tenreiro, fala do paralelismo entre a sensibilidade dunha pinga de auga e a fraxilidade dun alumno ante determinadas situacións.
O tema principal da súa banda sonora, describe a similitude entre un rapaz e unha pinga de auga:

"Pingas de auga, reflectindo a luz do sol, esvarando nun cristal. Pingas de auga, diferentes pero iguais, coa súa forma peculiar. Un diamante de cristal, liquido buscando un río onde medrar, e o vapor, cara a nube"

Comentarios