Hoxe celebramos o
Día d Biblioteca. A elixida este ano para facer o pregón foi a autora galega
Ledicia Costas. Gustounos tanto que decidimos lelo polas aulas para recordar a
todos este día, aínda que “Sería xenial montar unha festa
con confeti e pompas de xabón. Unha cousa grande” como propón Ledicia no seu
pregón.
Por certo gustounos
moito a visión que da dos bibliotecarios, gracias polo deintelixentes
“As bibliotecas albergan
seres con antenas xiratorias, cerebros milliométricos que memorizan títulos
rebuscados, rimbombantes, campanudos. As persoas que custodian os libros sempre
me pareceron criaturas singulares. Están dotadas de extremidades retráctiles
que estiran e estiran ata alcanzar aquel volume ao que semellaba imposible
acceder. E logo, coma se nada, recompóñense e todo volve á súa posición
natural. Semellan seres humanos, mais a pouco que os observes, percibirás que
non son de aquí. Unha das cousas que máis me fascina é o seu cerebro. Parécenme
tan listos! Os libros fabrican pensamentos. Pasar tantas horas dentro dunha
factoría de ideas é bo para ter un corazón vermello e brillante e unha cabeza
chea de plans fantásticos.”
Se queredes ler o pregón completo seguide o enlace
Comentarios
Publicar un comentario