PREMIO NACIONAL AL DESARROLLO DE COMPETENCIAS DE LECTOESCRITURA Y AUDIOVISUALES 2015

miércoles, 21 de marzo de 2018

LA MEMORIA DE LOS ÁRBOLES de Conchi Sanfiz


Acaba de presentarse en Lugo a primeira novela da nosa compañeira Conchi Sanfiz, La memoria de los árboles.  O acto tivo lugar o venres 16 de marzo no centro cultural "O vello cárcere", un  espazo moi relacionado cun dos protagonistas da historia, Marcelo, republicano represaliado durante a Guerra Civil que, desde a súa reclusión na capital lucense, sinte nostalxia pola súa terra, Olba, espazo  simbólico co que a autora quere reivindicar o mundo rural e o seu ritmo lento e pausado. Precisamente nostalxia e lentitude foron as palabras máis repetidas na presentación da novela que foi realizada pola profesora Felisa Redondo Valín. 
Nese día tan especial quixeron acompañar a Conchi profesores, ex-alumnas e alumnas de 1º BAC do instituto.


No hay comentarios:

Publicar un comentario