MALETAS VIAXEIRAS
CHEAS DE LIBROS PARA TRABALLAR A INCLUSIÓN


  • Iniciamos este curso participando novamente no Programa "Maletas Viaxeiras" .
  • Esta medida recollida no I Plan de actuacións para a Igualdade nos centros educativos, permitiunos xa o pasado curso traballar lecturas que fomentasen a Igualdade. Abrimos este curso escolar 2018/19 coa maleta para traballar a a inclusión durante o mes de outubro.


INCLUSIÓN EDUCATIVA NO IES POETA DÍAZ CASTRO

  • Os que todavía non pasachedes pola biblioteca animádevos!...Xa son moitos os rapaces e tamén profesores que viñeron a curiosear e non puideron resistirse a marchar cun destes libros.

  • Lembrade que a finais de outubro, esta maleta marchará a outros centros, para falar a través das páxinas dos seus libros do enriquecedora que pode ser a diferencia nas nosas vidas. Bó curso a todos!

Comentarios