O MES DA CIENCIA EN GALEGO PECHA CON NOVAS INICIATIVAS No I.E.S Poeta Díaz Castro, pechamos este venres 30 de Novembro coa semente de ideas que promoverán o interese científico, tecnolóxico e matemático no centro ao longo do curso . Ademais das propostas lectoras que fixeron algúns dos departamentos que colaboraron coa biblioteca, iniciamos un programa de actividades para o tempo de lecer, coa axuda imprescindible dos compañeiros. O ano 2019 será o ano da Táboa Periódica , polo que este mes iniciamos unha maratón de lectura, "A Química dos Libros" ; que se prolongará ata o mes de Maio. Os rapaces asociarán a súa lectura, libro, cómic...cun elemento da táboa periódica. Con cada préstamo o alumnado leva a súa táboa periódica e un par de preguntas para que busque no seu libro algún elemento químico, asociado a un capítulo, autor, título. Buscarán os elementos químicos agochados entre as liñas de calquera recur...