O MES DA CIENCIA EN GALEGO
PECHA CON NOVAS INICIATIVAS
No
I.E.S Poeta Díaz Castro, pechamos este venres 30 de Novembro coa semente de
ideas que promoverán o interese científico, tecnolóxico e matemático no centro
ao longo do curso.
Ademais das propostas lectoras que fixeron algúns dos
departamentos que colaboraron coa biblioteca, iniciamos un programa de actividades para o tempo de lecer,
coa axuda imprescindible dos
compañeiros.
O
ano 2019 será o ano da Táboa Periódica, polo que este mes iniciamos unha maratón
de lectura, "A Química dos Libros"; que se prolongará ata o mes de
Maio. Os rapaces asociarán a súa lectura, libro, cómic...cun elemento da táboa periódica.
Con cada préstamo o alumnado leva a súa táboa periódica e un par de preguntas
para que busque no seu libro algún elemento químico, asociado a un capítulo,
autor, título. Buscarán os elementos químicos agochados entre as liñas de
calquera recurso da biblioteca.
Os alumnos participantes na maratón teñen a súa disposición unha zona VIP de lectura para premiar ese esforzo lector.
Zona lectura relax para os participantes da maratón.
Iniciamos
tamén os RETOS Matemáticos semanais, e os TANGRAM asociados ao refraneiro
popular. Esta semana " Polo San Martiño os peóns (trompos) saen ao camiño".
Alumnado traballando coa figura do Tangram.
Comentarios
Publicar un comentario