BOTANDO UNHA OLLADA AO FUTURO
O pasado xoves 16 de febreiro o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato realizou unha visita á USC acompañados da orientadora Yolanda e Ana, a profesora de relixión. Nesta saída os estudantes pudieron visitar aquelas facultades que imparten graos polos que sinten interese e desta maneira sumerxirse por unhas horas no que será o ambiente universitario no que vivirán nos próximos anos. Unha destas alumnas, Thalía Fernández, considera “este tipo de visitas fundamentais para axudarnos” aínda que “non nos serviu de moito posto que a información que nos deron é case a mesma que podemos atopar na páxina web”. Neste mesmo sentido Óscar López, que visitou a Facultade de Económicas, botou en falta unha explicación máis detallada sobre “as diferenzas entre titulacións, como ADE e Economía ou outras opcións que se ofertan”, pero si agradeceu “que dous alumnos nos comentaran un pouco como foi a súa experiencia no primeiro ano e que cousas lles resultaron máis chamativas.” Outras...