LECTURAS COMPARTIDAS COA VISITA DOS 
FUTUROS ALUMNOS DE 1º  ESO

Este pasado venres 24, foi unha xornada especial para o alumnado 
do IES Poeta Díaz Castro.
Recibimos a visita do alumnado de primaria dos centros veciños (Parga, Lagostelle). Os alumnos do centro foron os seus guías e ensináronlle as instalacións e compartiron experiencias e consellos con eles.


Para finalizar, seguimos conmemorando este día e a mellor maneira de facelo foi compartindo lecturas. Xuntámonos na aula de música para coñecer o Cantigueiro de Cotobade de Antón Fraguas. Os nosos compañeiros de 4º da ESO e a profesora de música Sandra Tenreiro, axudaron para facer unha homenaxe ao autor das Letras Galegas 19, creando un rap, casi de forma improvisada nuns vinte minutos. O resultado neste vídeo que deixamos aquí.

 Xornada fabulosa. Agardámosvos no centro futuros compañeiros!


Comentarios

Entradas populares de este blog

O Club de Lectura inaugura curso na nova biblioteca

A BIBLIOTECA... máis necesaria ca nunca. 05/10/2020