O proxecto DESCONECTA na biblio. 

Retos Matemáticos.

O proxecto de centro "Desconecta" elaborado no centro para tomar consciencia do uso que facemos das pantallas e dispositivos móbiles e tamén para dar ao alumnado novas alternativas para o seu tempo de lecer.

 Estas son algunhas das actividades realizadas ao longo do curso:

Os xogos e retos  matemáticos realizados na biblioteca coa axuda dos nosos compañeiros de matemáticas, foi unha das actuacións relevantes dentro do proxecto de centro "DESCONECTA neste curso escolar.Numerosos alumnos pasaron pola biblioteca diariamente,  para resolver durante o tempo de lecer os enigmas matemáticos e algúns dos tamgran asociados ao refraneiro popular.
Unha forma divertida e amena de achegarse á matemática e á ciencia e "Desconectarse" e aprender sin a utilización de móbiles e outros dispositivos electrónicos. 

Ademais dentro deste proxecto realizáronse outras propostas para achegar aos alumnos a unha biblioteca onde existen diferentes formas de lectura e interpretación posibles e accesibles para todolos alumnos; uso responsable dos ordenadores, formas de achegarse ao currículo das materias cos biblio recursos, xogos para mellorar a relación entre compañeiros.

Deixamos algunhas fotografías das sesións realizadas.

Tamgran asociado ao refraneiro popular

Retos matemáticos semanais

Lecturas diferentes na biblio

Uso das fontes de información aplicadas as materias

Tempo de lecer fora das pantallas

 Fichas de seguimento das sesións adicadas ao xogo



Comentarios

Entradas populares de este blog

O Club de Lectura inaugura curso na nova biblioteca

A BIBLIOTECA... máis necesaria ca nunca. 05/10/2020