Na busca das estrelas da nosa Constelación Lectora. Hoxe o alumnado da materia de Proxecto Competencial, camiñou polo pobo, buscando a dúas estrelas, que marcan puntos no mapa da nosa Constelación Lectora. Son puntos de lectura con recursos compartidos desde a Biblioteca do Poeta Díaz Castro, puntos de lectura para a veciñanza, abrindo aínda mais as portas da biblioteca do instituto á comunidade. Equipo Kpaces con Paqui, unha das estrelas desta Constelación Lectora en Guitiriz. O equipo da biblio KPACES, saiu a falar con Ana na Ferretería (Ferretería de Amador) e tamén con Paqui na súa floristería-invernadoiro . Estes negocios acolleran dous dos puntos de lectura, empréstitos e devolucións, mais accesibles para a veciñanza, nos que poden ademais facernos solicitudes. Diante da Ferretería de Amador, logo de falar con Ana, a nosa segunda estrela lectora. Paqui, xa ten experiencia como colaboradora no centro en diversas actividades ...
Comentarios
Publicar un comentario