# ETIQUETADOS. Exposición e Investigación na Biblioteca
O PROXECTO # ETIQUETADOS EXPOSICIÓN E INVESTIGACIÓN NA BIBLIOTECA EXPOSICIÓN DE PRODUTOS Esta exposición de produtos , localizada na biblioteca do centro , enmárcase dentro do proxecto #ETIQUETADOS, que este curso se está levando a cabo en 3º ESO. Este proxecto xorde do interese de analizar a influencia que teñen as etiquetas no comportamento das persoas, tanto no desenvolvemento da propia personalidade coma nas relación cos demais e nos hábitos de consumo. Enfocamos a temática do “etiquetado” dende dúas vertentes: as persoas e os produtos que consumimos. Esta exposición amosa unha recompilación de bens de consumo, que foron seleccionados e achegados polos alumnos e alumnas. A finalidade que se persegue é que sexa o máis representativa posible, da cesta de produtos envasados de consumo habitual, dos fogares do alumnado participante no proxecto . O alumnado, que traballará en grupos de dúas ou tres persoas , analizará a etiqueta de cinco produtos da exposición. Os obxec...