Convivencia e Inclusión. Un ano cheo de actividades.
ACCESIBILIDADE COGNITIVA _ 3 DECEMBRO “DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE” O alumnado de 2º ESO únese ao reto de Plena Inclusión co lema “ Accesibilidade cognitiva xa! para que o mundo sexa máis sinxelo de entender para todos/as, especialmente para as persoas con diversidade funcional. VER PARA ERRADICAR Obradoiro de Igualdade de xénero dentro do programa “Ver para erradicar” impartido pola Asociación ACADAR de Lugo. 8 M _ EXPOSICIÓN MULLERES TRANS Coincidindo coa celebración do 8 M coñecimos a traxectoria e aportacións de dez mulleres trans en diferentes ámbitos (ciencia, cultura, deporte,..) a través dunha exposición situada á entrada da Biblioteca. Realizamos un xogo de encrucillado , con premio para os que lograron completalo. OBRADOIROS SENSIBILIZACIÓN _ DIVERSIDADE FUNCIONAL A Federación de Asociacións de Persoas Xordas aportounos unha visión próxima de como perciben o mundo as persoas con discapacidade auditiva e cales son barr...