Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2021

Violencia de xénero, na adolescencia?

Imagen
   Violencia de xénero, na adolescencia? Cando falamos nas aulas de violencia de xénero ás veces a rapazada pensa que iso é mais ben cousa de xente adulta, ou que a violencia física é o que fai que sexa violencia. Descoñecen que existen numerosos testimonios de rapazas novas, que desgraciadamente viviron algún tipo de violencia de xénero.  Para reflexionar sobre este tema nas aula, nesta semana do 25 N, a nosa profesora de música Sandra Tenreiro, compuso un tema, logo de investigar de que xeitos se producía a violencia de xénero,nesta etapa da vida. Aquí deixamos este recurso musical,  para a reflexión, titulado Ex 1 pax 25. Define violencia de xénero. Sandra Tenreiro interpretando o tema composto sobre a violencia de xénero na adolescencia. Esta semana realizaremos encontros e  conversas na biblioteca co alumnado do 1º ciclo, acompañados por  Sandra Tenreiro e pola nosa profesora de galego Alba María , que como ben sabedes é tamén cantora. Reflexionaremo...

'Días contados' para María Miragaya

Imagen
    Hoxe fíxose pública a primeira creación da sección de poesía do Club de Lectura: un texto colectivo de homenaxe a unha aprezada compañeira de aula estes últimos anos... a profe de galego, que inicia unha nova etapa da súa vida e deixa en nós unha pegada inesquecíbel.  O alumnado de 1º BAC, poetas tod@s el@s, e a homenaxeada, mestra da palabra. Esta foi a primeira actividade desta sección poética, preparádevos para o que queda! Esperando por algúns compañeiros/as para a posta en común inicial

Xa renxen as engrenaxes lectoras!

Imagen
  O Club de Lectura  arrinca con catro modalidades... ;-) @s lectores/as fómonos encontrando na biblio estas semanas, para coñecérmonos e acordar a organización en cadansúa sección.  A modalidade de misterio e intriga comeza con  La catedral de Cesar Mallorquí. O Club de lectura de poesía xuntouse o pasado xoves para poñer en común propostas. Aquí nos tedes, dirimindo o xeito de encher de poesía as nosas vidas... e o centro 😼 O grupo de lectura da FP Básica está dándolle ás historias de Bestiario do vestiario , de Martiño Suárez. Agardamos as súas propostas para ler algo @s demais. E outra das nosas novidades deste curso, a sección de adult@s, xa tivo unha reunión para coñecerse, poñer en común lecturas e outras experiencias. Foi o 14 de outubro, á tardiña. En decembro comentaremos Presas fáciles , de Miguelanxo Prado e algúns relatos de Instrucións para tomar café , de Manuel Núñez Singala.  Sesión inicial da sección de adult@s. Embaixo, selecta de exemplare...