Violencia de xénero, na adolescencia?

 

 Violencia de xénero,
na adolescencia?

Cando falamos nas aulas de violencia de xénero ás veces a rapazada pensa que iso é mais ben cousa de xente adulta, ou que a violencia física é o que fai que sexa violencia. Descoñecen que existen numerosos testimonios de rapazas novas, que desgraciadamente viviron algún tipo de violencia de xénero. 

Para reflexionar sobre este tema nas aula, nesta semana do 25 N, a nosa profesora de música Sandra Tenreiro, compuso un tema, logo de investigar de que xeitos se producía a violencia de xénero,nesta etapa da vida.
Aquí deixamos este recurso musical,  para a reflexión, titulado Ex 1 pax 25. Define violencia de xénero.

Sandra Tenreiro interpretando o tema composto
sobre a violencia de xénero na adolescencia.

Esta semana realizaremos encontros e  conversas na biblioteca co alumnado do 1º ciclo, acompañados por Sandra Tenreiro e pola nosa profesora de galego Alba María, que como ben sabedes é tamén cantora. Reflexionaremos sobre este tema e alzaremos as nosas voces contra a violencia de xénero cunhas ferramentas claves; a palabras e a música. Xa vos contaremos como foi todo!. Mentras tanto ide ensaiando!!.

Comentarios