Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2022

Ondiñas veñen e van. Futuros Lectores da Biblio do Poeta Díaz Castro

Imagen
 Ondiñas veñen e van! Si hai uns días despedíamos ao alumnado de 2º de Bach agora...Un ano mais recibimos con toda a nosa empatía e cariño ao  futuro alumnado de 1º da ESO. Aquí deixamos testigo de parte do que aconteceu por estes lugares.  O alumnado voluntario do instituto, participa activamente na organización desta axetreada xornada escolar. Visitan o centro, participan das nosas actividades e proxectos, intentando mostrarlles un pouco do que somos e a vida activa que aquí lles agarda. A biblioteca,  un rebulir de nova rapazada que participou de xogos, e propostas varias. Roteiros, viaxes imaxinarias, proxectos de centro en activo e mesmo pinchos e baile. Grazas a todxs! En setembro mais! Benvidos! Bailando xuntos "Terra"-Tanxugueiras Alumnado de 6º de primaria e de 2º e 3º de Música do insti.

Tenda ODS. Preparando a exposición final na biblioteca.

Imagen
  Tenda ODS, a biblioteca muda. Nestes últimos días de curso, como cada ano a biblioteca axuda na planificación da exposición dos proxectos levados a cabo. Este ano será a " Exposición ODS" Reduce, recicla e reutiliza. Case podemos dicir que isto vaise converter nunha tenda para tomar consciencia da importancia de facer deixar ir aquilo que non usas e darlle unha segunda vida, na historia doutras persoas que si as necesiten.   O s equipos implicados xa traballan na elaboración dunhas Etiquetas sostibles, etiquetas poéticas, que nos animan a pensar nun mundo non consumista e solidario. TODOS UNHA PRENDA: Mercado de roupa de segunda man. Lema: Todos unha prenda antes do día . As prendas entregadas terán unha triple canle de utilización: - o troco (unha prenda por outra, mediante o uso de vales), - a reutilización solidaria (envío a Servizos Sociais do Concello) ou a - reciclaxe (se non pode ir por unha das vías anteriores) Os departamentos comprometidos cunha tarefa didáct...

A prensa en galego. Actividades de dinamización.

Imagen
  100% Prensa Galega A biblioteca traballa novamente co Equipo de Dinamización da Lingua, para axudar neste caso a espallar nas aulas e na biblioteca  o uso da  prensa galega, neste caso a través de " Nós Diario" . Como nos contan desde o blog veciño " Movendo nos marcos "; o departamento de Xeografía e Historia, traballa a cotío con este recurso en aula. D esde a biblioteca mostramos hoxe a colaboración feita polo departamento de música ; o seu alumnado traballa coa prensa, en relación as noticias culturas e artísticas.   Aquí nos deixan exemplo de esas exposicións orais en aula, nas que mesmo o alumnado sorprendeuse, de todo o que podemos aprender, lendo a prensa a diario e compartindo o que lemos cos demais.

Falar esta fala. Galegas 22

Imagen
As letras de FLORENCIO cargadiñas de actividades . 👈 O Equipo de Dinamización da Lingua do noso centro, oferta un interesante calendario, con exposicións, obradoiros artísticos de creación audiovisual e visitas moi interesantes!. Pasadevos polo blog dos veciños. E veredes que ben! Disfrutade mentres tanto do primeiro traballo do noso alumnado; Florencio Delgado Gurriarán Real Academia Galega  

Noites pretéritas de imperfecto safari...

Imagen
Na última xuntanza da sección de adultas do Club de Lectura , mudamos de espazo de encontro, sen perder a referencia absoluta que é a biblioteca. Nesta ocasión aproveitamos un espazo de lectura informal que hai na zona de acceso ao centro, que invadimos con froita, libros, e moitas ganas de botar un conto. Aquí nos tedes nesta sesión. Grazas por vernos con tan bos ollos, Alba   Noites de safari e Pretérito Imperfecto déronnos para moito; non só os comentamos senón que os empregamos como base para unha creación colectiva que nos propuxo Alba María , quen tamén nos convidou ao seu obradoiro de regueifa deste martes 1o. Algunhas tomámoslle a palabra... pero iso xa é outra historia. Aí vos queda mostra no noso quefacer poético ;-) Quedou fixada como seguinte lectura Identidade , de Nee Barros, que comentaremos en xuño, seguramente algún espazo exterior.  Seguiremos informando...

Día da Liberdade. "Em cada esquina, um amigo"

Imagen
  Semana da Liberdade no IES Poeta Díaz Castro Un ano máis, Portugal conmemora o 25 de Abril, a grande festa da Liberdade . O IES Poeta Díaz Castro, centro pioneiro no aproveitamento das posibilidades que o noso ámbito lingüístico galego-portugués nos ofrece, non podía deixar pasar a oportunidade de xuntarse a esta celebración que exalta os valores da Democracia, a Igualdade e a Fraternidade . Estas actividades son froito da colaboración dos departamentos de Portugués, Galego, Música, Debuxo e do Equipo da Biblioteca; unha constelación de sinerxías que xa é a marca propia do noso instituto. A preparación da efeméride comezou nas semanas anteriores, período durante o cal o alumnado de Educación Plástica e Visual de 4º da ESO realizou, coa orientación da profesora Nuria Pena, unha serie de debuxos a carbón representando, concreta ou alegoricamente, os eventos e ideais propios desta data. Exposición do alumnado de Nuria Pena no recibidor. Desde a mañá do día 25 de Abril, estas ob...