A prensa en galego. Actividades de dinamización.

 

100% Prensa Galega

A biblioteca traballa novamente co Equipo de Dinamización da Lingua, para axudar neste caso a espallar nas aulas e na biblioteca  o uso da  prensa galega, neste caso a través de " Nós Diario". Como nos contan desde o blog veciño " Movendo nos marcos"; o departamento de Xeografía e Historia, traballa a cotío con este recurso en aula.

Desde a biblioteca mostramos hoxe a colaboración feita polo departamento de música; o seu alumnado traballa coa prensa, en relación as noticias culturas e artísticas.

 

Aquí nos deixan exemplo de esas exposicións orais en aula, nas que mesmo o alumnado sorprendeuse, de todo o que podemos aprender, lendo a prensa a diario e compartindo o que lemos cos demais.


Comentarios