Ondiñas veñen e van!
Si hai uns días despedíamos ao alumnado de 2º de Bach agora...Un ano mais recibimos con toda a nosa empatía e cariño ao futuro alumnado de 1º da ESO.
Aquí deixamos testigo de parte do que aconteceu por estes lugares.
O alumnado voluntario do instituto, participa activamente na organización desta axetreada xornada escolar.
Visitan o centro, participan das nosas actividades e proxectos, intentando mostrarlles un pouco do que somos e a vida activa que aquí lles agarda.
A biblioteca, un rebulir de nova rapazada que participou de xogos, e propostas varias. Roteiros, viaxes imaxinarias, proxectos de centro en activo e mesmo pinchos e baile.
Grazas a todxs!
En setembro mais! Benvidos!
Bailando xuntos "Terra"-Tanxugueiras
Alumnado de 6º de primaria e de 2º e 3º de Música do insti.
Comentarios
Publicar un comentario