Tenda ODS, a biblioteca muda.
Nestes últimos días de curso, como cada ano a
biblioteca axuda na planificación da exposición dos proxectos levados a cabo. Este ano será a" Exposición ODS" Reduce, recicla e reutiliza. Case podemos dicir que
isto vaise converter nunha tenda para tomar consciencia da importancia de facer
deixar ir aquilo que non usas e darlle unha segunda vida, na historia doutras
persoas que si as necesiten.
Os equipos implicados xa traballan na elaboración
dunhas Etiquetas sostibles, etiquetas poéticas, que nos animan a pensar nun
mundo non consumista e solidario.
TODOS UNHA PRENDA:
Mercado de roupa de segunda man.
Lema: Todos unha
prenda antes do día .
As prendas
entregadas terán unha triple canle de utilización:
- o troco (unha
prenda por outra, mediante o uso de vales),
- a reutilización
solidaria (envío a Servizos Sociais do Concello) ou a
- reciclaxe (se non
pode ir por unha das vías anteriores)
Os departamentos
comprometidos cunha tarefa didáctica ligada a esta iniciativa, continuarán co
seu desenvolvemento, como mínimo, coas prendas que, neste momento hai (enquisa,
frase emocional para etiqueta, etiquetas coa trazabilidade da prenda...)
Cremos que a
visibilización da nosa postura respecto da sostibilidade pode ter un efecto
beneficioso
Ademais a cartelería cos Obxectivos de desenvolvemento sostible e a exposición das últimas novidades en libro informativo, crean os escaparate perfeto para esta ocasión.
Comentarios
Publicar un comentario