14 de Novembro. Esculpindo escritura.

 Esculpindo escritura. Obradoiro de creación de relatos.

 

Alumnado 1º ESO na Biblio Casa Habanera

O pasado mes de outubro os departamentos de lingua galega con Ana Fernández e Lucía Campañó en lingua castelá, planificaban participar no proxecto KPACES,cun obradoiro de creación de relatos, inspirados, na exposición do canteiro de Pardiñas, Ramón Villar.
O obxectivo achegarse as súas obras e crear relatos en relación as aves, o cabalo, a figura da muller e personaxes de devoción popular como os santiños.
Así foi, o 14 de novembro, o alumnado colleu papel e lápiz e púxose a esculpir a súa escritura, narrando historias estupendas nas que as personaxes principais eran as esculturas de este canteiro e mesmo o propio Ramón Villar como protagonista principal dos relatos.


Cando teñamos os relatos remataos, estamos convidados a coñecer persoalmente a Ramón Villar coa compañia dos veciños que se acheguen ao acto de clausura da exposición o venres 16 de decembro na biblioteca da Casa Habanera. 

Xa vos contaremos como foi todo.

Facendo biblioteca desde o IES Poeta Díaz Castro!


Comentarios