kPACES de traballar cooperativamente.

 4 de Novembro. O traballo de 3º da ESO, no proxecto.

Reforzando o traballo dos compañeires de outros grupos.

O equipo de 3º ESO, participa no proxecto preparando as actividades na biblioteca e na aula de música, para os futuros encontros. Traballan as pezas musicais, investigando sobre a música daqueles tempos e esforzanse na clase  para poder realizar eses acordes, ás veces mais complicados.


Ademais, reforzan ao alumnado de 1º da ESO, que grabará os programas da RADIO FÁBRICA DE POETAS, buscando poemas para as seccións do programa, o tempo meteorolóxico que mudará en tempo de poesía, obradoiros de papiroflexia...


Experimentan novas competencias, buscando crear actividades varias e obradoiros que permitan achegarse a outros veciños, facendo pequenas cousas xuntos ou propoñendo lecturas e debates dentro ou fóra da radio. Nesta foto Lois e Hugo, investigan para falar sobre o carballo.


Comentarios