Lecturas compartidas e música na Casa Capataz. Somos Kpaces!

 11 de novembro.  Eu son Elvira

Hoxe o equipo kPACES de 4º da ESO e 1º de Bacharelato, sae en busca dos seus compañeires, no centro  de día, " Casa Capataz", para compartir conversas, lecturas, risas e música xuntos.

O alumnado de 4º da ESO; encargouse de dinamizar opinións 

sobre o relato " Eu son Elvira", unha historia escrita por tres mulleres xerontólogas, que queren deixar constancia de como pensan e se senten as persoas maiores. Elvira a protagonista, así a virón e dela aprenderon, Irene, Teresa e Samuel.




O encontro de hoxe, remata coa intervención do alumnado de 1º de Bacharelato, que investigou acerca da música de Sergio Dalma; para darlle unha sorpresa a Carme, unha namorada deste artista.
Xuntos leron e logo atrevéronse a interpretar o tema acompañados por Alex, Sergio e Bea, que traballaron a harmonía deste tema musical nos ukeleles.


Comentarios